Elena Candia presenta unha trintena de propostas “prioritarias, realistas e que se poden cumprir” para incorporar aos orzamentos municipais de Lugo de 2024

por Redacción Lugo

A voceira popular enumerou varios proxectos desglosados en 10 bloques que recollen suxestións de diferentes colectivos lucenses así como iniciativas de autoria propia

A voceira popular Elena Candia explicou que a batería de propostas que farán chegar ao goberno local para que as teña en conta na elaboración do documento de orzamentos para o vindeiro exercicio “forma parte do traballo proactivo e construtivo que realiza o Grupo Municipal”.

Na rolda de prensa de hoxe os populares lamentaron que, a estas alturas, ainda non se coñeza nada sobre o documento de traballo máis importante que ten o goberno local para marca a folla de ruta dos investimentos para o 2024 no municipio de Lugo.

Os populares recrimínalle a socialistas e nacionalistas que “ainda non puxeran en axenda local un tema tan urxente como este avanzando que pedirán, a través de todos os mecanismos que temos ao noso alcance, a posibilidade de participar e axudar na súa elaboración”.

Tamén lamentaron que a aprobación deste documento orzamentario xa vaia moi tarde e que  incumprirá os prazos que marca a lei” (1)

(1) 2. La aprobación definitiva del Presupuesto General por el Pleno de la Corporación habrá de realizarse antes del día 31 de diciembre del año anterior al del ejercicio en que deba aplicarse (art. 150.2, LRHL).

PROPOSTAS DO PARTIDO POPULAR PARA ESTUDAR A SÚA INCORPORACIÓN AO DOCUMENTO DE ORZAMENTOS PARA 2024

1. CONCILIACIÓN e BENESTAR

  • Desenvolvemento dun Plan Local de Saúde Mental
  • Creación no polígono industrial CEAO/Gándaras de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores e empresarios destas zonas industrias
  • Fomento da participación da terceira idade cunha Oficina do Maior que impulse, entre outros, programas de acompañamento contra a soidade non desexada.

2. SEGURIDADE

  • Instalación de Cámaras de Videovixilancia (polígono CEAO, contorno monumentos históricos e puntos emblemáticos para evitar ataques contra o patrimonio, zonas con especial sensibilidade na cidade).
  • Creación dunha Oficina de asesoramento  para os cidadáns afectados por ocupacións ilegais de vivendas
  • Dotación para a posta en marcha dunha Nova Delegación da Policía Local na zona norte

3. URBANISMO e INFRAESTRUTURAS

  • Plan de eliminación progresiva de Tapóns Urbanísticos
  • Axilidade na tramitación das licenzas
  • Actualización do PEPRI
  • Revisión do PXOM
  • Aposta pola Rehabilitación

4. MEDIO AMBIENTE

  • Adquisición dos terreos necesarios para desenvolver o proxecto da Unión Parque Miño y Rato para pechar o cinto verde de Lugo.
  • Creación da Zona de Baño no Río Miño.
  • Renovación das Tubaxes do polígono do Ceao

5. ZONA RURAL

  • Saneamento e Abastecemento na Zona Rural
  • Plan de infraestructuras
  • Dinamización nos Centros Sociais

6. MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE

  • Transporte Urbano Gratuito para xubilados e pensionistas
  • Construción dun Aparcadoiro en Fontiñas e estudo doutras zonas de aparcadoiro disuasorio no entorno do casco histórico (rúa Castelao)
  • Mellora e humanización da entrada de Lugo pola Fervedoira da Avenida Adolfo Suárez.

7. ECONOMÍA 

  • Supresión da Plusvalía
  • Promover un Plan de Choque Municipal contra o peche de negocios  (Bonos comercio) e que abarque tamén aspectos relacionados coa renovación e modernización do pequeno comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías.
  • Impulsar a marca Lugo Cidade Universitaria coa posta en marcha dun plan de vivenda para a emancipación dos xóvenes
  • Incentivos Fiscais para o sector primario (permutas)

8. PERSOAL

  • Plantillas de persoal ben dimensionadas para mellorar a prestación de servizos á veciñanza (recuperar a atención presencial, recoñecemento de dereitos de persoal (banda municipal), ampliación do horario de servicios básicos: cementerio, centros sociais, atención cidadá…)

9. DEPORTE

  • Construción de novas infraestructuras deportivas como Novo Pavillón e  Novo Campo de Fútbol
  • Cubrir unha das pistas de tenis do Palomar e o campo da petanca
  • Ampliación o proxecto do novo circuíto de Motocross

10. CULTURA e TURISMO

A cultura como xeradora de emprego. Aposta polos 3 Patrimonios da Humanidade

  • Posta en marcha do Auditorio Municipal da Avda. Magoi.
  • Programación cultural aberta e para todos
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario