Equipamentos deportivos, seguridade viaria serán as principais reivindicacións da veciñanza de Guitiriz
As emendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta para o 2024 referentes ao concello de Guitiriz teñen a ver con aspectos substanciais que, de aprobarse, incidiría moi positivamente na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, ao afectar á educación, á seguranza viaria entre outros.
Así, demandamos a mellora do arranxo do teito e do peche perimetral na parte superior dos laterais do pavillón do instituto IES Díaz Castro, para evitar que entre auga nas pistas «É unha actuación imprescindíbel para mellorar», afirmou Mónica Ares, portavoz municipal do BNG.
Así mesmo esiximos a mellora da seguranza viaria na LU-170 entre Momán e Xermade e a rozas das vías de servizo nesta estrada no municipio de Guitiriz.
Tamén reclamamos a supresión das curvas perigosas existentes na LU-242 entre os KM 0,8 e 0,9, nas chamadas curvas do «Rio pequeno» o que » melloraría o acceso á vila de Parga e que son unhas curvas bastante perigosas» concreta a concelleira nacionalista.
E nun ano no que se evidenciou máis que nunca a falta de recursos na sanidade galega, bótase en falta partidas orzamentarias para a dotación de persoal preciso no Centro de Saúde de Guitiriz e a dotación para o funcionamento ordinario do consultorio de Parga para ofrecer un servizo óptimo a veciñanza.