Francisco Conde e Raquel Arias destacan a aposta da Xunta polo rural na Festa da Pisa da Castaña

por Redacción Lugo

O deputado no Congreso Francisco Conde e a deputada autonómica Raquel Arias participaron hoxe na 24ª edición da Festa da Pisa da Castaña de Froxán, en Folgoso do Courel.

Os populares trasladan os seus parabéns á asociación organizadora desta festa que rememora unha actividade relacionada cun importante aproveitamento agrícola, concretamente, a castaña dos soutos do Courel.

Os representantes do PP puxeron en valor este «magnífico produto» e tamén a aposta da Xunta de Galicia por impulsar este sector a través de iniciativas coma a plantación de castiñeiros á que dirixirá 1 millón de euros. 

A Xunta que preside Alfonso Rueda está apostando polo rural e, concretamente neste Concello, pola recuperación da terra a través de aldeas modelo como a de Moreda, soutos e razas autóctonas.

Nese sentido, os populares lembran que «a política de la Xunta seguirá centrada en fixar poboación no rural».

Comparte éste artículo
1 Comment