‘Amor a un clic’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para dar a coñecer o triunfo do amor por internet
Este luns volta ao prime time de Televisión de Galicia ‘Amor a un clic’, un novo formato talk show producido por Nortideas, SL e presentado pola cantante Paula Chaves para falar do amor na rede. Triunfa esta modalide entre os galegos? Cóntamolo ou aínda escondemos os galegos esta maneira de coñecerse?
Segundo os últimos estudos, catro de cada dez parellas coñécense a través das redes sociais e as aplicacións móviles. O seu uso está levando á formación de novos tipos de parella. ‘Amor a un clic’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para dar a coñecer o triunfo do amor por internet.
‘Amor a un clic’ é un programa de entretemento que ten como obxectivo mostrar ós telespectadores o fenómeno de Internet como nova modalidade de coñecer xente e establecer relacións de parella. Paula Chaves é a encargada de presentar en cada programa tres historias de amor que naceron grazas a plataformas como Tinder, Facebook, TikTok ou Instagram.
Segunda entrega: Ainoa e David; Tati e José; e Jorge e Sara
No programa de hoxe coñeceremos a Ainoa e David, una parella que encontrou o amor en Tinder e, logo dun tempo, contraeron matrimonio. Logo veremos a historia José, un home que queda abraiado cunha foto que sube Tati ás redes e fai todo o posible por coñecela en persoa. Por último, teremos a historia de Jorge e Sara, unha parella que se cruzou na vida grazas a Badoo.