Máis de 1.000 escolares participaron no ciclo ‘Luz ó deporte’, que pechou Veljko Mrsic na Delegación Territorial da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, gabou a iniciativa da Fundación Breogán, que transmite á mocidade valores e actitudes positivas da man de deportistas de primeiro nivel

Máis de 1.000 escolares participaron na segunda edición do ciclo de conferencias Luz ó deporte, que organizou a Fundación Breogán co apoio do Goberno galego e Abanca e se desenvolveu na Delegación Territorial da Xunta en Lugo.  

O adestrador do Breogán, Veljko Mrsic, pechou hoxe a programación ante un público composto maioritariamente por estudantes de Secundaria dos institutos lucenses Nosa Señora dos Ollos Grandes, Politécnico e Xoán Montes.

O delegado territorial, Javier Arias, felicitou á Fundación Breogán pola iniciativa, que transmite á mocidade valores e actitudes positivas a través das vivencias persoais e da traxectoria profesional que comparten nas charlas deportistas de primeiro nivel.

O ciclo foi inaugurado o pasado mes de setembro polo ex-xogador de baloncesto Sergi Grimau e tamén contou coas intervencións de Pedro Munitis, adestrador do CD Lugo, e Cata Pollini, team manager do Ensino.

Comparte éste artículo
No hay comentarios