O PP pide a PSOE e BNG que clarifiquen a previsión que teñen para crear a praia fluvial do Miño

Tras coñecerse o informe do Comité Científico da UNESCO que se opón ao proxecto que defende o goberno local para a zona de baño público no río

 O PP pide explicacións sobre o futuro da praia fluvial do Miño indicando que resulta chamativo que «unha vez coñecido o informe do Comité Científico da UNESCO, que se opón á colocación de piscinas flotantes no Miño, o goberno local dé a calada por resposta».

  Hai que lembrar que o organismo europeo emitiu un informe cuestionando que se faga a zona de baño público de Lugo no lugar elixido e nas condicións establecidas polo goberno local

·        Ante o silencio de PSOE e BNG sobre este proxecto os populares anuncian que pedirán información sobre que teñen previsto facer socialistas e nacionalistas para que os lucenses non volvan a pasar outro verán máis sen praia fluvial

·        A estas alturas, logo de anos con promesas incumpridas consideran que «os lucenses merecen que se clarifique que van a facer para que a cidadanía de Lugo teña na maior brevidade unha zona de baño pública segura»

·        Os populares vén surrealista que se instalase hai máis dun ano (agosto de 2022) o mobiliario vinculado á praia fluvial indicando que a presenza destes elementos «o único que certifica é a  incompetencia da alcaldesa á hora de xestionar esta zona de baño pública».

Comparte éste artículo
No hay comentarios