A xunta de portavoces é informada das condicións da poda na Avenida de Celanova

por Redacción Ourense

Nunha xunta de portavoces coa presenza de tódalas formacións políticas con representación no Concello de Xinzo de Limia, o alcalde Amador Díaz, e a concelleira de medio ambiente Cristina Campero, deron conta das vindeiras actuacións no referente á poda de árbores.

No encontro mantido este mércores, os concelleiros da corporación tiveron oportunidade de revisar e valorar os informes técnicos que avalan as distintas podas, máis concretamente, a das árbores da Avenida de Celanova, cuxa actuación comezará este xoves 14 de decembro.

Dende o Concello de Xinzo de Limia solicítaselle á veciñanza da Avenida de Celanova que non aparquen os seus vehículos nas zonas de traballo, que comezarán pola vía de servizo a residentes. Tamén se agradece a comprensión polas posibles molestias que se poidan ocasionar.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario