Fernando Serrulla presentará o libro sobre a exhumación dos 7 presos asturianos en Celanova

por Redacción Ourense

O antropólogo forense coordinou a obra colectiva «Investigación histórica, exhumación y análisis de los restos de la fosa de Celanova», na que participan as familias, xunto aos investigadores de Histagra e aos antropólogos e xenetistas que exhumaron e analizaron os restos

«Coordinados todos por Lourenzo Fernández iniciamos en 2021 la apertura de las fosas de Vilagarcía de Arousa y de Crecente. Para 2022 nos propusimos abrir una fosa individual en Vilacoba (Lousame), una fosa en A Capela y la llamada Fosa de los Asturianos en Celanova. De todas ellas el Proyecto Nomes e Voces tenía datos, pero en relación a la fosa de Celanova el trabajo del Comité de Memoria Histórica de Celanova había permitido avanzar mucho hasta el punto de localizar dos familias en Asturias. En mi primer contacto en 2021 con Hixinio Araúxo –responsable del mencionado Comité– albergué muchas esperanzas de localizar la fosa y a las víctimas porque la precisión militar con la que los habían enterrado no nos dejaban muchas dudas: enfrente del panteón de Isauro«, escribe Fernando Serrulla, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA, no prólogo do libro que presentará o sábado 14 de outubro en Celanova.

No acto, que terá como escenario a Casa de Curros e comezará ás 12,00 horas, estará acompañado por Mario César Vila, responsábel da empresa Tempos Arqueólogos, que entre os 23 de novembro e 16 de decembro do ano 2022 executouse a intervención na fosa do cemiterio de San Breixo na procura dos restos de 7 presos da Prisión Central de Celanova asasinados por un pelotón de fusilamento da Bandera de Falange de Marruecos en 1939.

A presentación dos conferenciantes correrá a cargo de Hixinio Araúxo, secretario do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. Na actualidade, após a exhumación, os restos de dous dos asturianos (Marcelino Fernández e Abelardo Suárez) descansan en Xixón despois de seren entregados ás súas familias o pasado xuño en Celanova. En contacto coa Dirección General de Memoria Democrática de Asturias e co equipo de Histagra que coordina o programa estatal de exhumacións en Galiza, o Comité continúa buscando ás familias dos outros cinco asasinados.

No libro, as familias de Marcelino e Abelardo deixan testemuño do que foi a experiencia de descubrir o lugar exacto onde foran soterrados e recuperar a documentación que daba conta do seu periplo, así como a súa participación na intervención da fosa e o que supuxo para elas a recuperación dos restos e os diferentes actos de reparación en Celanova. Ademais de Serrulla e o equipo de arqueólogos que capitaneou Julián Bustelo, que detallan con precisión os labores forenses e a complexidade da escavación, están tamén as achegas dos historiadores de Histagra cun resumo da documentación atopada sobre a fosa e dos xenetistas do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, da Universidade de Santiago de Compostela; así como un texto de Jorge Pereyra, médico Forense de la Justicia Nacional Argentina que colaborou nos traballos.

Lugar de Memoria

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova iniciou o traballo para solicitar diante da Dirección General de Memoria Democrática do Ministerio de Presidencia a declaración do cemiterio de San Breixo en Celanova como LUGAR DE MEMORIA ao abeiro da Ley 20/2022, de 19 de octubre, de Memoria Democrática. En colaboración con Histagra, xestora do plan estatal de exhumacións, o Comité elabora unha proposta de memorial para sinalar o espazo que someterá á consideración do Bispado de Ourense e da parroquia de Celanova así como do organismo competente na xestión do Patrimonio da Xunta de Galicia.

PRESENTACIÓN: «Investigación histórica, exhumación y análisis de los restos de la fosa de Celanova», libro editado polo Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática.

DÍA: sábado, 14 de outubro de 2023.

LUGAR: Casa de Curros (Celanova).

HORA: 12,00 horas.

ORGANIZA: Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario