Mariscadoras e mariscadores, multas e inxustizas

por Óscar de Souto

Estes días o sector marisqueiro de Galicia sae nalgúns medios de comunicación, incluidos programas de televisión nacional, polos danos ocasionados polas riadas que deixa toda a area chea de cunchas de marisco morto, outra nova traxedia que se localiza na costa, poñendo en risco unha profesión xa dura de por si.

Fotos: Pablo Fariña. Mariscadoras e mariscadores no esteiro do rio Anllóns en Cabana de Bergantiños

Nesta ocasión quero falarvos da inxustiza de non ter prazas de aparcamento para poder saír a mariscar e atopar que o voltar da xornada de marisqueo atopes unha multa no teu vehículo.

Texto de hoxe de Rogelio

Pois Portos de Galicia non ten no porto de Testal ( Noia, A Coruña ) habilitados suficientes aparcamentos nin plazas de pantaláns para todos os mariscadores que vamos a partir o lombo á Ría de Noia e que somos de lonxe.
Moitísima xente vese obrigada a aparcar en cunetas, debaixo da ponte, en calquer esquina que se poda sempre e cando non represente un risco para a circulación nin estorbe a ninguén nin ningunha actividade do porto. As actividades do Porto entorpécenas eles. Por non falar que todo o verán as ramplas e as zonas portuarias permanecen colapsadas de coches que non son mariñeiros nin de aquí.
A multa é do 2022, dun xoves laboral, e se de algo estou seguro, e de que non interfería en caso algún as actividades portuarias. Nós somos actividade portuaria. Non se pudo recurrir porque mandárona por correo e foi automaticamente a spam. Agora chega por requirimento de facenda, por eso a comparto agora. Non hai problema !!! Gañamos ben expoñendo a nosa vida e saúde no mar, tanto para mantérmonos nós, como a Portos de Galicia.
Cando estén listos os aerotransportadores, xa non haberá problema para ir traballar a Testal.
«

Este problema que narra en redes sociais o mariñeiro e divulgador Rogelio S. Queiruga recórdanos que mentres Portos de Galicia e outros departamentos similares están quentiños nos seus cómodos despachos os demáis teñen que sair a mariscar, a saltar de rocha en rocha buscando percebes ou a faenar a bordo dun barco xogándose a vida en cada marea e parécenos certamente moi inxusto que non poidan ter nin prazas suficientes para aparcar os seus coches sendo que tódolos meses pagan relixiosamente os seus permes e impostos varios.

Dez prazas de aparcamento pa mais de 30 mariscadoras

Tamén no verán dou fé que, por exemplo, en Cabana de Bergantiños, coincide que as veces súmanse circunstancias que lles fan moi difícil atopar praza de aparcamento cando coincide o baixamar para as e os mariscadores da zona do Esteiro do Río Anlllóns. Circunstancias como que ademáis de traskis, sendeiristas, paseantes e turistas nun mesmo punto, tamén están os clientes do chiringuito da Praza de Navaliños, o colexio, piscina e imaxinade se hai pleno no Concello ou partido de fútbol sala no pavillón. Na miña humilde opinión, deberan ter algunha prioridade a hora de estacionar aqueles que por forza maior téñense que entraxarse co neopreno para sair a mariscar con respecto doutros veciños que poden deixar o seu coche uns metros mais arriba sen que iso lles afecte no mais mínimo. Acompañamos o texto orixinal que deu pé a este artigo de opinión que nos gustaría que chegase a eses despachos das altas esferas do sector marítimo en Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario