O ministro recoñece ao BNG un dos principais problemas: a falta de investimentos desde 2010
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, dirixiuse na sesión de control do Congreso ao Ministro de Transportes e Mobilidade Sustentábel, Óscar Puente, para lle exixir solucións e medidas que terminen coas continuas demoras, incidencias, avarías, falta de maquinistas e problemas nas conexións ferroviarias na Galiza.
Os problemas nos servizos de tren son xa «insoportábeis»
Rego fixo un retrato do que acontece a diario nas estacións de tren galegas onde «as persoas usuarias deben enfrontar demoras, masificacións, falta de prazas, inadecuación das frecuencias ás necesidades horarias ou á imposibilidade de comprar billetes a un mes vista ou a supresión de servizos por falta de maquinistas e de persoal».
Unha situación, subliñou, que as galegas e galegos definen como «insoportábel» e que dificulta os desprazamentos cotiás. Indicou que os problemas afectan sobre todo o Eixo Atlántico e o Avant Ourense-Santiago-A Coruña, mais tamén o ancho métrico, os rexionais e mesmo o Alvia. Demandoulle que escoite as plataformas de usuarios que levan tempo reclamando medidas. O deputado do BNG dixo a Óscar Puente que alén das medidas recollidas no Acordo asinado co BNG, é preciso garantir o correcto funcionamento do ferrocarril que na Galiza está a ter unha alta demanda.
Mellorar o mantemento, aumentar as frecuencias, máis prazas, máis persoal.
Na súa réplica ao Ministro, Néstor Rego concordou en que «a principal causa do deficiente servizo ferroviario é a falta de investimentos» e emprazouno a asumir o compromiso de mellorar o mantemento das infraestruturas, renovar o material rodante, incrementar a dotación de persoal, tanto maquinistas como o resto de profesionais». Puxo enriba da mesa unha das principais demandas das persoas usuarias: a necesidade de aumentar as frecuencias, máis prazas e horarios adaptados á demanda. O Plan de Puntualidade debe incorporar todo isto, aseverou. E aproveitou para lle pedir a Óscar Puente que confirmase que van prorrogar os abonos o próximo ano 2024, como se comprometeron no Acordo de Investidura co BNG.
«Señor Ministro, Galiza aposta polo tren»
Deixou claro ao Ministro que Galiza aposta polo tren: «o incremento notábel de usuarios e usuarias é mostra da aposta polo ferrocarril cando as condicións axudan». Asegurou que a poboación aposta por este medio de transporte sustentábel se é fiábel e tarifariamente atractivo e responde ás necesidades diarias de mobilidade.
Resposta do Ministro de Transportes ao BNG
O titular do Ministerio de Transportes recoñeceu ao BNG que un dos principais problemas no ferrocarril é a falta de investimentos en mantemento, afirmando que se deixaron de facer desde o ano 2010 e responsabilizou a Rajoy de non ter comprado nin incorporado un só tren á rede ferroviaria.
Anunciou a compra de 500 trens e asegurou ao BNG que «esta adquisición resolverá a maior parte dos problemas». Informou a Néstor Rego que os trens Avril chegarán á Galiza nos primeiros meses do 2024 e que «mellorarán os servizos».
En canto á demanda de Néstor Rego sobre a prórroga dos abonos, Óscar Puente desvendou que están a traballar «nunha medida lexislativa que se coñecerá antes de fin de ano».
Observaría Néstor Rego que Oscar Puente le ha » tomado el pelo» con tanto anuncio de trenes y sin concretar nada.
Rego sabe que Oscar Puente es abogado que no ejerció tal profesión jamás y que vivió a cuenta del PSOE y de sus cargos Municipales en Valladolid ,su conocimiento de transportes y de trenes es nulo .
De súbito la semana pasada lo nombró Sánchez Ministro de Transportes y ya le anunció a Nestor Rego la compra de 500 trenes e invadirá Galicia con tanto tren.
En resumen ,sólo le faltó que recordase al escritor Larra y por un ventanuco del despacho le dijese «vuelva Vd. mañana»,
No tiene suerte Néstor Rego cuando en lugar de respuestas razonables ,comienzan a despotricar acerca de
Rajoy en el año 2010 y solamente le dicen que lo conocerá «antes de fin de ano».
Nada va a conocer Néstor Rego .Ahora vendrán fiestas Navideñas y el Ministro no está para esas «pequeñeces»
,tenemos 4 años más,(podría preguntar por whatsapp)a Puente y haremos lo mismo que Rajoy.
La imagen de Nestor Rego con un papel en mano asemeja la del cantante en la Iglesia ,esperando a lo que el
cura oficiante de la misa, anuncie para » empezar a cantar » y ese «papel» no le hace falta.
El «oficiante» no es el Sr.Puente ni tal vez el Presidente Sánchez ,asi que nos quedamos como siempre sin nada.
Tiene el Sr. Rego el premio de que Gómez Besteiro ,anuncia lo mismo y entre los dos Rego/Besteiro «malo será» que no lo consigan.
Los trenes Avril llegarán a Galicia cuando estaba previsto,antes de que Rego votase a favor de la investidura de Sánchez y ayuda a ello Europa y Portugal que lo ha potenciado priorizando su comunicación desde Oporto con el Sur de Galicia ,pero desde el gobierno Central no hay ningun indicador de que se cumpla con nada.