Presentación da obra gañadora XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

por Redacción Ourense

O sábado 16 de decembro, ás 12 horas, no Salón de Plenos do Concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco, en colaboración cos concellos de Allariz, Castro Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real – Portugal), representada pola Escola de Ciências Humanas e Sociais (ECHS); as universidades da Coruña (UDC), Santiago (USC) e Vigo (UVIGO) e a Caixa Rural Galega, presentará a obra gañadora do XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, outorgado a Enrique Manuel Neira Pereira, xornalista e investigador, pola obra: Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio.
Unha historia que aposta pola modernidade e polo futuro dende Galicia. Unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial, todo isto encadrelado con abondosas referencias literarias

O premio conta cunha dotación económica de 6.000 euros.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario