O PP de Monforte pedirá no pleno a posta en marcha dun plan de revisión e mantemento do mobiliario urbano 

por Redacción Lugo

Katy Varela ve necesaria a posta en marcha desta medida ante o grave deterioro que sofre o mobiliario da rúa e pola falta de mantemento das zonas verdes e de xogo infantís, o que está a xerar numerosas queixas entre os monfortinos.

·       A voceira popular ve positiva a posta en marcha deste plan xa que o alcalde Tomé unicamente se preocupa de botar firme polas rúas, algo que en moitas era necesario, como tamén o é o correcto mantemento do mobiliario público e zonas de xogo e parques públicos

·       Entre as eivas denunciadas polos veciños están a falta de limpeza dos bancos de Carude e A Pinguela, cheos de excrementos moitas semanas ao ano, ou os elementos do parque biosaudable, que se pintaron por riba do óxido e sen repoñer as pezas estragadas, coma os aparellos con pedais que antes estaban instalados e agora non están, entre outras eivas

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario