O voceiro do PP Miguel Gallego cualifica de «moi positivo» o convenio asinado coa Xunta de Galicia co que, a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais, se asfaltou a estrada de acceso a Frexulfre e se fixo unha praza neste mesmo núcleo.
· Miguel Gallego tamén anuncia que o goberno galego realizará outro investimento de 13.000€ para mellorar a pavimentación dun dos accesos máis transitados á aldea de Aián, aumentado así a achega co municipio ata os 50.000€.
Foto portada. Estrada de acceso a Frexulfre