Promovida polos irmáns Quintela co apoio da Xunta
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este fin de semana en Outeiro de Rei na entrega de trofeos aos gañadores nas diferentes categorías da copa de pádel King Tela, promovida polos irmáns Erik e Sergi Quintela.
O Goberno galego figura entre os patrocinadores desta iniciativa, no marco dos acordos de colaboración coas actividades de fomento do deporte no conxunto da provincia de Lugo.