O PP defenderá proposicións que buscan “mellorar servizos aos lucenses, dinamizar e revitalizar a economía local”

por Redacción Lugo

Hoxe o Grupo Popular rexistrou 4 iniciativas para debatir no pleno ordinario de decembro

CATRO PROPOSICIÓNS para que …

1. O goberno local FACILITE a TRANSFORMACIÓN DE LOCAIS  baleiros nos baixos de edificios en VIVENDAS

A FALTA DE INICIATIVA do goberno local:

– Prexudica a propietarios de inmobles

– Dificulta a obtención de licenzas

– Frea a revitalización e reactivación económica

– Pon paus nas rodas á rehabilitación

No Partido Popular somos partidarios de recuperar a edificación existente, e non malgastar os cartos dos lucenses en obras e edificios sen uso

2. Que o goberno local  estude a posibilidade de que as VIAXES EN AUTOBUS SEXAN GRATUITAS  tanto para persoas MENORES DE 18 ANOS  como para XUBILADOS, PENSIONISTAS E PERSOAS CON ESCASOS RECURSOS.

O transporte gratuito para menores de 21 anos é un modelo que promove, con gran éxito, a Xunta de Galicia coas viaxes metropolitanas e que permite unha maior conectividade na nosa comunidade 

3. Se  ELIMINEN de forma progresiva os TAPÓNS URBANÍSTICOS que hai na cidade priorizando aquelles considerados máis peligrosos

Con estas intervención MELLORARÍAMOS: a SEGURIDADE VIARIA

 ESTÉTICA dos barrios

A supresión destas barreiras suporían a transformación de espazos que hoxe son barreiras para a cidadanía, contribuido a facer unha cidade máis accesible

4. Que o Goberno Municipal inicie no ano 2024 os PROXECTOS DE ABASTECEMENTO dos núcleos e parroquias do entorno dos depositos de Penarrubia: O Veral, Santa María Alta, Adai e o lugar de Penarrubia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario