Inaugurada a mostra do lucense Carlos Montero no espazo de arte Verino en Ourense

Ata o 8 de xaneiro de 2024 poderá visitarse no espazo de Arte de Roberto Verino en Ourense a exposición Los dibujos quieren contaros, ilustraciones del libro «19 dibujos en busca de su historia», de Carlos Montero, arquitecto e pintor lucense. 

Do seu traballo dixo Isaac Díaz Pardo «Os debuxos de Carlos Montero entran dentro dos soños e do realismo fantástico. Busca testemuñas na surrealidade na que vivimos, pero nunca coa pretensión de transformala».

Agora pode contemplarse unha mostra do seu universo imaxinativo no Espazo de Arte do deseñador de Verín, na Rúa Paseo, 21 da cidade das Burgas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios