Lugo lembra a data da primeira interpretación solemne do Himno Galego, en 1907 na Habana

por Redacción Lugo

A coral Cántigas e Flores e a agrupación vocal do Alumnado do Cuarto Ciclo da USC interpretaron esta tarde a versión orixinal do Himno Galego na contorna da Praza de Abastos de Lugo

Unha actuación conxunta, organizada por Vía Galega e Galiza Cultura co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a área de Cultura do Concello de Lugo, que serviu para conmemorar a data en que a composición de Eduardo Pondal e Pascula Veiga se interpretou por  primeira vez oficial e institucional,  o 20 de decembro  de 1907 no Gran Teatro da Habana.

Na súa intervención no acto, conducido por Marica Campo, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo sinalaron “a necesidade de organizar acto públicos, abertos e participados, para visibilizar o himno galego, como expresióin de identidade e como parte do noso patrimonio cultural” e sinalaron que “a celebración dun fito como a primeira interpretación solemne do himno na Habana  nos lembra o compromiso da colectividade emigrante galega”.

O 106 aniversario da primeira interpretación solemne do Himno Galego celebrouse de forma simultánea en Compostela, Ferrol, A Coruña, Arzúa, Vigo, Pontevedra e Ourense.

Divulgación do Himno

A actuación encádrase no apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven dando a investigación, recuperación e visibilización do Himno Galego con iniciativas como a edición dun caderno divulgativo coa versión orixinal da composición de Eduardo Pondal e Pascual Veiga.

A publicación, que se puxo a disposición de asociacións culturais, centros educativos e bibliotecas, documenta o proceso de creación e elección da peza como símbolo nacional e explica as alteracións e erros textuais, aínda sen rectificar, cos que se incorporou á Lei de Símbolos de Galicia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario