O PP traslada ao pleno peticións cidadás e propón solucións para mellorar a eficacia de servizos municipais en Lugo

por Redacción Lugo

O vicevoceiro popular Enrique Rozas resumía as iniciativas que se presentan como un exemplo de política útil: «falamos de cuestións que están na rúa, de asuntos que preocupan á veciñanza e que buscan mellorar o funcionamento de diferentes servizos municipais»

PREGUNTAS SOBRE … 

  • A situación na que está o AUDITORIO DE MAGOI cando se cumpren 3 ANOS E MEDIO dende que o Concello de Lugo é o seu propietario.

Queremos que o goberno local clarifique se DISPÓN DO CERTIFICADO FINAL DE OBRA asinado polo técnico titulado competente que acredite a conclusión dos traballos  conforme ao proxecto de execución?. 

  • Cales son os planes do goberno local con respecto ao CARRIL BICI? CONTEMPLA o PSOE e o BNG facer MODIFICACIÓN NESTA INFRAESTRUTURA? 

Hai que lembrar que o CARRIL BICI eliminou centos de prazas de aparcamento  en diferentes barrios da cidade sen dar alternativas aos afectados.

Pasou un ano e cinco meses dende que se inaugurou, unha marxe de tempo suficiente para que o goberno local se pronuncie sobre se ten ten previsto cambiar o seu trazado e se vai a impulsar unha ordenanza para o seu uso.

  • Tras coñecerse o INFORME DO COMITÉ CIENTÍFICO da UNESCO que SE OPÓN AO PROXECTO  que defende o goberno local para a ZONA DE BAÑO PÚBLICO NO RÍO MIÑO

O PP pide a PSOE e BNG que se pronuncien sobre este documento e que aclaren a previsión que teñen para crear a praia fluvial do Miño.

Tememos que esteamos OUTRO VERÁN MÁIS SEN PRAIA FLUVIAL pola falta de xestión de socialistas e nacionalistas.

  • Outro asunto enquistado polo déficit de traballo do goberno local é o do impulso do novo CENTRO DE SAUDE DO SAGRADO CORAZÓN. 

Dende o ano 2021 o Concello ten sen resolver a petición da Xunta para que poña a súa disposición unha parcela viable para poder facer esta dotación.

Por este motivo queremos que nos aclaren: se está finalizado o acordo de permuta entre o Concello e Abanca?; De ser así, en que fecha se asinou e en que consiste o acordo?; De no ser así, en que fecha se estima que estará asinado?; Está prevista a parte que se vai a ceder á Xunta para o centro de Saúde do Sagrado Corazón? Cando se prevé que será efectiva esa cesión? e, por último, e os terreos do antigo Colexio do Sagrado Corazón xa son titularidade do Concello, Que se prevé facer coas pistas deportivas? Ten previsto o Goberno local abrilas en datas próximas para o uso dos veciños? Estudouse a posibilidade de abrir eses terreos para favorecer a accesibilidade dos edificios lindeiros afectados polas barreiras arquitectónicas do propio Concello?

ROGOS PARA …

  • Solicitamos que sean gratuita a expedición dos CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DA PERCEPCIÓN DE PRESTACIÓNS SOCIAIS que se tramitan no Concello, documentación necesaria para persoas vulnerables perceptores de rentas ou prestacións sociais.

Ademáis da gratuidad é precisa unha xestión eficaz para axilizar a entrega destes certificados no menor tempo posible. 

  • A creación dun CONSELLO MUNICIPAL DO MAIOR E DUNHA OFICINA para dar voz á poboación lucense maior de 64 que, nestes momentos, supón un 30% das persoas que residen no municipio.

Esta é unha demanda que vén reiterando dende hai tempo a Asociación de Xubilados e Pensionistas.

  • Que se leve a cabo a REPARACIÓN DA PISTA que comunica co lugar de Segade xa que presenta un estado lamentable con fochancas de gran tamaño que supoñen un RISCO PARA A SEGURIDADE VIAL
  • Por último para MELLORAR A PUBLICIDADE E A DIFUSIÓN DE EVENTOS CULTURAIS propoñemos unha batería de medidas: 
  • Usar activamente as Redes Sociais e a publicidade; establecer
  • Establecer alianzas con axencias locais
  • Organizar eventos interactivos
  • Promover concursos de ideas para involucrar á comunidade e mellorar o consumo cultural, etc
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario