Balseiro: «PSOE e BNG puxeron máis paus nas rodas que fixeron por conservar os postos de traballo en Alcoa»

por Redacción Lugo

O deputado mariñán lembra que «a competitividade da planta depende do custo da enerxía» polo que «o problema de Alcoa non é industrial, senón enerxético»

  • «O PSOE prometera un estatuto electrointensivo co que ofrecer un prezo competitivo para as grandes consumidoras de enerxía, pero o Goberno central nada fixo», explica o popular
  • Balseiro condena que «o BNG se manifestara cos traballadores e, ao mesmo tempo, recorría os parques eólicos que debían dar enerxía a un prezo competitivo para a planta de aluminio e a balsa de lodos que é imprescindible para manter a actividade en alúmina»
  • O popular tamén lembra que «o BNG asinou no 2020 un pacto para investir a Sánchez a cambio do estatuto electrointensivo que aínda non chegou e agora volve firmar un pacto no que desaparece o estatuto electrointensivo»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario