Lugo lembra neste 8M ás dúas mulleres do Mercado Tradicional

por Redacción Lugo

Oliva Rodríguez Rodríguez e Fina Seijas Novo foron as dúas mulleres homenaxeadas este ano pola área de Participación

No 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza que dirixe Cristina López realizou un recoñecemento a dúas mulleres presentes na Praza de Abastos e no Mercado Tradicional. Rubén Arroxo, xunto coas concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía asistiron ao acto de lembranza destas dúas mulleres que forman parte da historia da Praza e do Mercado.

A área de Participación recoñeceu a labor de Oliva Rodríguez Rodríguez, de 85 anos, que leva asistindo ao Mercado Tradicional dos martes e venres desde hai máis de 50 anos, case sen faltar ningún día á Praza de Abastos, e a Fina Seijas Novo, de 69 anos e que leva 35 anos atendendo á veciñanza de Lugo nunha das carnicerías da Praza de Abastos, actividade que continúa a desenvolver a súa familia.

Cristina López destacou «o esforzo destas dúas mulleres ao longo dos anos, que axudaron a que o Mercado e a Praza de Abastos de Lugo sexan actualmente dous espazos de gran importancia para a veciñanza».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario