Eleccións autonómicas para febreiro: Xabarín Club, traicionados, Rueda e Besteiro

por Óscar de Souto

Adianta as eleccións o Señor Rueda, PP, seguro de que serán maioría os que voten por Don Manuel Fraga Iribarne indiferentemente de quen se presente ou cantos partidos concorran, a dereita galega segue confiada dese votante fiel que, aínda sendo sempre traicionado, el nunca defrauda. E os defraudadores afánanse en prometer “el oro y el moro” como o Sr. Besteiro falando de suprimir as peaxes, ou a Señora Pontón, BNG,  que se gaña obrigará os nenos a ver o Xabarín Club tódolos días.

Foi Nestor Rego o encargado de mostrarlle a Pedro Sánchez o seu traseiro agasallando de balde o seu total basallaje sumiso. Anova de Noriega e Beiras chora pola traición de Iolanda Díaz, agora raíña do mambo en Madrid, descabezados precipítanse no abismo dun batacazo campal.

De Abascal e compañía xa ninguén fala, pois esa xente tan amable parece non prender de pola por estas hortas tan ó norte. Mentres estas palabras baleiras resoan coma un eco lonxano os pequenos partidos de centro xuntamos a nosa esperanza de cambio baixo unha mesma bandeira co soño dunha Galicia renovada. As présas de adiar esta votación ten unha soa lectura posible: medo, moito medo as sorpresas, novidades e partidos frescos con ideas diferentes e a favor do pobo. Demasiado medo para xente tan segura de si mesma. Os asesores auguran cambios e eses cambios xorden do votante. Un votante canso xa dos partidos tradicionais e das súas mentiras gordas e rancias. En febreiro seremos testemuñas dunha Galicia que decide o seu futuro.

En UCIN estamos co pobo. Coas súas queixas e peticións nas nosas propostas de campaña e cos seus soños dentro dos nosos soños.

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment