O parque de Bombeiros de Vilalba pechado por falta de persoal

por Redacción Lugo

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa:

Do efectivos previstos para cubrir os servizos mínimos no Parque de Bombeiros de Vilalba este luns, só se presentaron dous a traballar.

Avisados os efectivos designados como suplentes na quenda de hoxe, non se presentaron.

Ante esta situación, dado que non se cumprían os servizos mínimos e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio procedeu a reubicar aos dous efectivos ao Parque de Barreiros, dende onde atenderán as posibles incidencias.

O parque vilalbés non prestará servizo ata mañá, ás 9.00 horas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario