Os deputados populares manteñen a man tendida e agardan poder consensuar con PSOE e BNG unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa a continuidade da actividade e para que a empresa cumpra os acordos asinados de investimentos e continuidade da actividade.
- Ameijide insiste en que ata a entrada do pleno de mañá estamos abertos a sentarnos con PSOE e BNG para acordar unha declaración en defensa dos empregos desta factoría, «xa que se trata dun tema no que todos debemos ir da man cun mesmo obxectivo»
- O Grupo Provincial Popular buscou unha declaración institucional consensuada, tal e como pediron os representantes dos traballadores, pero «non tivemos resposta de Tomé aos tres intentos de contacto con el: mediante chamada telefónica, solicitude por e-mail e mediante solicitude formal por rexistro na Deputación de Lugo»