Os Bombeiros Comarcais de Galicia continuado coa protesta en forma de concentración celebraron no Obradoiro a Noiteboa

por Redacción Galicia

A pasada noite, os bombeiros, continuado coa protesta en forma de concentración celebramos no Obradoiro a Noiteboa. O noso respecto polo uniforme impediunos acompañar con alcohol a comida, mais a cea maridou mellor coa compaña dunha rapaza de Ucraína e dunha familia nipona.

Noite curiosa na que os Bombeiros, sempre apoiando á sociedade, vímonos compartindo mesa con xente que precisaba axuda no medio da noite, desorientada e con meniños pequenos.

Svitlana é unha refuxiada de Ucraína que non ten a ningún familiar en España, mais dende que os Bombeiros estamos no Obradoiro acude para mellorar o seu castelán a falar con nós, e a solidarizarse coas nosas protestas. Ela era unha convidada do colectivo, que non podendo substituír á súa familia, somos un referente de axuda dentro da situación na que se atopa o seu país.

Por outra banda, pasadas as 10 da noite, acollemos a unha familia de xaponeses. Unha parella de peregrinos con dous pequenos, que deambulaba polo Obradoiro, sen ter onde aloxarse e sen unha mesa á que sentar. Compartimos con eles o que tiñamos e ofrecémoslles que durmiran ao noso carón.

Como dicimos, noite curiosa de celebración do Nadal. A primeira Noiteboa con bombeiros de toda Galicia en folga loitando por unhas condicións dignas, mellora salarial, incremento de persoal e recoñecemento da profesión. Por xustiza. Porque só unha causa xusta pode apartarnos das nosas familias nunha noite tan especial.

Bo Nadal, Señores Políticos. Mentres vostedes dormen, lembren que nós coidamos da sociedade!

Comparte éste artículo
1 Comment