Pechado o parque de Bombeiros de Chantada por falta de persoal

por Redacción Lugo

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa:

Dos tres efectivos que tiñan que presentarse a traballar no Parque de Bombeiros de Chantada, só se incorporaron dous. Un dos efectivos retén do cuadrante encóntrase de baixa e o outro rexeitou a comunicación de cumprimento dos servizos mínimos. O Consorcio tampouco puido facer mobilidade desde outro parque porque todos están prestando servizos mínimos.

Polo tanto, decidiuse priorizar o parque que dá cobertura a unha zona máis ampla e procedeuse a reubicar aos dous efectivos de Chantada en Monforte, desde onde se atenderán as posibles incidencias.

O Parque de Bombeiros de Chantada non prestará servizo ata mañá as 9:00 horas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario