Os Reis volverán percorrer as rúas do centro de Lugo o vindeiro 5 de decembro, saíndo do Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 e percorrendo a Avenida da Coruña, con remate na Praza Maior a través da rúa Vilalba e Bispo Aguirre
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, lembrou a «ampla programación» organizada pola área de Cultura durante o Nadal do 2023, que conta con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos, ademais dos 3 mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro.
A concelleira de Cultura indicou que «o Nadal é unha data propicia para fomentar tamén a nosa cultura» e engadiu «contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, o concerto de Aninovo da Banda Filharmónica.
Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.
26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.
4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.
5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello a partir das 18.30 mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. Ás 19h Bloco Meigallo.