O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos rapaces e rapazas que participan no Campus do Nadal organizado polo Club Baloncesto Sarria, que conta co apoio da Xunta de Galicia.
Arias destacou o éxito de convocatoria desta primeira edición do Campus, que rexistra arredor de 70 inscritos de entre 8 e 17 anos procedentes de distintos puntos de Galicia e Asturias, e contribúe a dinamizar a vila sarriá; desenvólvese desde o 26 ata o 29 de decembro, e ofrece adestramentos adaptados por grupos de nivel, saídas e actividades lúdicas, e aloxamento nun albergue da localidade.