Chega polo día dos santos inocentes unha carta informativa os fogares dos veciños de Malpica de Bergantiños que remite A Deputación de A Coruña co desglose epistolar deses máis de catro millóns de euros investidos neste concello coruñés nos últimos catro anos.
Ainda que moitos pensaron que se trataba dunha inocentada podemos asegurar que a información é fidedigna. Na meirande parte dos concellos costamorteños é a Xunta de Galicia e A Deputación as entidades que fan posible algunhas das obras básicas , cuarenta obras en Malpica, ainda que na foto aparece sempre o concejal de turno ou o propio alcalde. Chama a atención a desproporción económica entre obras financiadas e eses 200.000 euros só para gasto social, nada mais. As partidas para servizos básicos e gasto social son menores que o gasto en obras varias. As oposicións permanecen en absoluto silencio e só o PSOE de Malpica aparece como única oposición queixándose do despilfarro do Consistorio dos aforros que existían que se esfumaron nesta anterior lexislatura e lamentan os préstamos que xa se solicitaron deixando en números rojos as cuentas municipais. O Concello gasta todo no propio Concello e esquence as necesidades básicas das parroquias, especialmente, xa que seguen sen servizos moi necesarios, como por exemplo: depuradoras, beirarúas decentes, alcantarillado , pistas sen baches e unha longa lista de deixadeces. E a casa segue sen barrer.
a![]()
![]()
![]()