Hoxe realizouse o sorteo dos regalos do programa Agasalla comercio local, ten premio, a iniciativa impulsada polo Concello da Laracha co triplo obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de facer as compras no comercio de proximidade, atraer e fidelizar á clientela e subvencionar as compras dos cidadáns.
Todos os clientes dos establecementos adheridos que depositaron durante as últimas semanas as súas tarxetas rasca e gaña cubertas cos datos persoais nas urnas habilitadas nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión participaron neste sorteo, que ten os seguintes gañadores:
- Videoconsola PlayStation 5: Ángela María Loureiro García.
- Xamón ibérico: Juan José Cotelo Outeiro.
- Experiencia turística: Sonia Mariño Cotelo.
Os premios serán entregados no acto que se vai celebrar o venres 5 de xaneiro ás 12:00 horas na Casa do Concello.