O PP destaca “os máis de 2 millóns de investimento que o Goberno da Xunta dirixirá a Meira no 2024” fronte á “falta de ambición do goberno local”

por Redacción Lugo

O portavoz, Óscar Fernández, subliña «o compromiso do Goberno de Rueda co noso concello» mentres que «o goberno municipal reduce nun 63% os fondos propios dirixidos a investimentos»

  • Os orzamentos da Xunta para 2024 recentemente aprobados recollen 1 M€ para a nova oficina agraria, 780.000 € para a ampliación do solo empresarial e 200.000 € para a ampliación do centro de saúde
  • A Xunta tamén financia os servizos públicos da súa competencia no municipio, apoia a prestación do SAF municipal (no 2023 dirixiu a Meira 232.000 €) e coopera co propio Concello (este ano con 147.000 €)
  • Os populares lamentan que «o goberno local socialista centre o discurso dos orzamentos na eliminación da débeda municipal» porque «a falta de iniciativas repercute na falta de atracción de poboación e inversores que dinamicen o Concello»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario