Primeiro día do 2024.  «De hoxe nun ano. ¡Viva Betanzos!»

por Redacción A Coruña

Betanzos, ten o primeiro día no ano nacente, unha das feiras máis animadas do calendario. As zapatillas son a mercadoría mais demandada polas mulleres, serven de alivio para os pes, despois de ter aguantado unha noite de troula enriba dos tacóns dos zapatos. Segundo os feirantes, «o día non foi malo, podería ser mellor, pero….»

Este ano, o par de zapatillas subiron dous euros con respecto o ano 23, ata na feira nótase a inflación, o ano pasado rondaba entre catro e cinco euros o par de zapatillas, este ano, entre sete e nove euros.

As cafeteiras e churreiras de Betanzos tamén tiveron o seu día grande coa venda de chocolate con churros, non daban abasto pola cantidade de demanda que tiveron hoxe.

Betanzos é diferente, un punto de encontro dos festeiros de fin de ano, que queren rematar a troula na popular feira de primeiro de ano na Cidade dos Cabaleiros.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario