Co epicentro entre o triangulo formado entre Pedrafita, Triacastela e Folgoso do Courel, produciuse sobre a 1:23 desta madrugada.
O sismo tivo o seu epicentro próximo á parroquia de Louzarela, no concello de Pedrafita, e a medio camiño entre a capital municipal do Cebreiro, Triacastela e Folgoso do Courel.
Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional, a hora exacta do sismo foi á 01:23 da madrugada e localizose a uns 20 quilómetros de profundidade.
Pasadas as 3:00 horas desta madrugada, o municipio ourensán de Baños de Molgas rexistraba un pequeno tremor, neste caso de 1,8 graos de intensidade.