Pleno «dos amigos» en Ponteceso para aprobar os presupostos de 2024

por Óscar de Souto

Cuns presupostos moderados e acordes a realidade económica do Concello, 6,5 millóns de euros, un 6,43 % menos que no exercicio anterior, saen por fin aprobados co voto de PP, PG e Adiante por Ponteceso, este último partido adoita votar todo en contra excepto no asunto do diñeiro, nada nos sorprende xa. A ausencia do BNG nun día tan sinalado pasa por ser unha simple anécdota mais si podemos reseñar a conducta irresponsable do partido da oposición APIN-ESCO, que vota sempre en contra, sexa cal sexa o punto do día, intentando sempre poñer trancos nas rodas, sexa cal sexa a cor do goberno municipal.

O de pedir constantemente a dimisión do novo alcalde aburre a moitos veciños deste municipio porque acaba de iniciarse un novo tempo político que precisa desbloquear esa situación vergonzosa do noso Concello, endebedado e bloqueado políticamente, dende fai case unha década. A abstención prudente do Psoe, o anterior alcalde e compañía, ten unha lectura mais lóxica como grupo de oposición que aspira a resucitar do batacazo campal das municipais deste ano pasado. Resaltar o meu apoio simbólico, a título persoal, a Jose Manuel Mato que, a pesar dos atrancos no camiño, vai dando pasiños humildes e prudentes “polo ben común”, algo que resume estes meses de novo gobernallo pontecesán.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario