Valentín Formoso: «Alfonso Rueda que non se agoche” dos galegos e galegas e “diga si” a debater co resto de candidatos» (Vídeo)

por Redacción Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, incidiu na importancia de que nestas eleccións autonómicas teñan “por riba de todo, a esixencia do maior dos principios demócratas” como son os debates e a confrontación de ideas e proxectos ante a cidadanía.

O tamén presidente da Deputación da Coruña reclamou que haxa “moita presenza de debates” no camiño ata o 18 de febreiro, instando ao candidato do PP, Alfonso Rueda, a aceptar a proposta do PSdeG para celebrar os mesmos. “Non queremos un presidente da Xunta que se agoche, que se esconda ante a sociedade galega”, sinalou o socialista, quen entende que os galegos queren “que os valores de participación pública, participación política, de transparencia na xestión teñan cabidas nas autonómicas”.

Por elo, remarcou que os socialistas esixen a Rueda “un si ou un non” e “que non se agoche como fixo Feijóo nas eleccións xerais ante a sociedade española”, que non se agoche Rueda ante a sociedade galega”. Polo tanto, reclamoulle “que diga si á transparencia, que diga si á democracia, para que poida haber por fin debates políticos en Galicia”

Comparte éste artículo
1 Comment