Accidente mortal en Leiloio, entre Carballo e Buño

por Óscar de Souto

Según fontes consultadas o 112 de Galicia recibe a chamada dun particular hoxe as 14:10 horas informando dun grave accidente frontal entre dous vehículos nunha recta próxima a unha canteira local, no km 6, na estrada AC-418 que une as localidades de Buño e Carballo. O 112 da aviso a ambulancia 061 e bombeiros de Carballo que ao comprobar a tremenda gravidade do percance avisan ademáis ao helicóptero de emerxencias con base en Santiago de Compostela. Nun dos turismos excarcelan a un ocupante que reviste gravidade e é evacuado en helicóptero ao centro hospitalario de referencia. No segundo vehículo escarcelan a dúas persoas, unha xa falecida e outra foi evacuada en ambulancia. Posteriormente dase aviso a garda civil de trafico e ao servizo de Mantemento das Estradas.

Un Citroën C4 familiar e un Renault Megane, casi ao remate dun tramo recto con línea continua. Como consecuencia do impacto falecía no momento o condutor do C4 con matrícula de  Suiza, onde tamén viaxaba unha muller de acompañante que resultou ferida de consideración, esta  foi evacuada na ambulancia. No turismo Renault viaxaba unha muller ao volante que tivo que ser tamén  excarcerada polos bombeiros de Carballo e, como xa indicamos, foi a persoa evacuada en helicóptero en estado grave. A estrada estivo cortada en ambos sentidos para facilitar os traballos dos servizos de mantemento.

Foto portada. Imaxen arquivo bombeiros Comarcais

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario