As decisións do goberno de Láncara reflicten a súa falta de interese por dar resposta ás necesidades en materia de vivenda

por Redacción Lugo

Os populares advirten que «a localización elixida polo goberno local para un mural deixa claro que ou non pensa en apostar por facer máis vivendas na Puebla ou que está de acordo en tapalo a medio ou longo prazo».

  • A portavoz, Olga Capón, cre que «o goberno local debe traballar por ofrecer a posibilidade de acceso a unha vivenda a aquelas persoas que queiran quedarse no municipio ou incluso atraer xente de concellos limítrofes que permitan asentar poboación e que Láncara medre»
  • «É unha pena que Láncara non poida presumir do mural por unha mala decisión do goberno local , se chega a edificarse no solar lindeiro ao edificio no que se está a realizar», apuntan dende o PP
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario