Acción Lugo por Palestina. «Empeora cada día a situación de asedio e apartheid israelí»

por Redacción Lugo

Dende a plataforma Lugo por Palestina lembramos onde está Belén e a viaxe que significaría chegar ata este lugar; algo que non é novidoso, senón previo ao 7 de outubro empeorando cada día a situación de asedio e apartheid israelí.

Cabalgatas de Reis en Lugo.

Se María e Xosé viaxasen no 2016 de Nazaré a Belén isto é o que atoparían:

NAZARÉ. Esta viaxe de 100 km comeza nesta cidade, que agora é o fogar de persoas maioritariamente musulmás e cristiás. 

CHECKPOINT DE JAMALAH. Son necesarios permisos e identificacións emitidas por Israel para cruzar de Israel á Cisxordania palestina. 

LIÑA VERDE. Cruzan agora ao lado palestino pola Liña de Armisticio de 1949, que fai de fronteira de facto entre Israel e a Palestina ocupada. 

NABLUS. Esta gran cidade palestina atópase case totalmente aillada polos asentamentos ilegais e checkpoints israelíes dos arredores.

ASENTAMENTOS. Xusto fóra de Nablus poden ver varios asentamentos israelíes. Hai aproximadamente 550.000 colonos vivindo na Palestina ocupada.

YITZHAR. María e Xosé pasan agora por Yitzhar, fogar dalgúns dos colonos máis violentos e de dereitas, que de maneira habitual atacan as comunidades palestinas. 

CHECKPOINT DE HUWARAH. O posto militar corta Cisxordania. Cando está aberto estímase que tentan cruzar unhas 20.000 persoas ao día. 

QALANDIA. Chegan a este campo de refuxiadas palestino, un dos moitos na Cisxordania. 

CHECKPOINT DE QALANDIA. Aínda outro posto militar e é un dos que ten máis movemento: aproximadamente 60.000 persoas ao día. É o camiño principal para a Xerusalén Leste ocupada dende a Cisxordania ocupada. 

XERUSALÉN LESTE. María e Xosé agora pasan por Xerusalén, unha cidade con moitos checkpoints internos e rodeada por un número crecente de asentamentos israelíes. 

CHECKPOINT DE BELÉN. Este é o último chekpoint antes de que alcancen o seu destino: Belén.

BELÉN. Sen os checkpoints, os asentamentos ilegais e o muro de separación, esta viaxe levaría hoxe menos de 2 horas en coche. As condicións impostas por Israel farían da viaxe da natividade unha moi diferente hoxe. 

* Os últimos datos que chegan da ONU sobre a situación en Cisxordania falan de que o número de obstáculos físicos en Cisxordania chegaba a 694 na fin do 2023.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario