Marta Lois visitou esta mañá a praia de Espiñeirido, en Ribeira (A Coruña)

por Redacción A Coruña

A candidata de Sumar Galicia á presidencia da Xunta de Galicia, Marta Lois, visitou esta mañá a praia de Espiñeirido, en Ribeira (A Coruña) para coñecer a magnitude das afectacións do vertido de pellets.

«Queremos denunciar a falta de transparencia e a falta de actuación do Partido Popular e do Sr. Rueda. Foron os concellos os que arrimaron o ombro dende o primeiro momento, os concellos aos que sempre a Xunta lles traslada responsabilidades», denunciou Lois.

«Levamos un mes cun vertido de pequenos plásticos ante o desleixo, inacción e falta de transparencia do PP e do Sr. Rueda, que non activou o plan de continxencia, que é competencia autonómica, ata hai uns poucos días. E poño o foco aquí nun dos grandes responsables deste desleixo, que é o conselleiro do Mar. Dende Sumar pedímoslle responsabilidades. En definitiva as siglas do PP moito me temo que nos lembran ao Partido da Plastilina ao Partido dos Plásticos».

A candidata estivo acompañada por Xosé Lois Piñeiro, concelleiro no municipio de A Pobra do Caramiñal e membro da promotora de Sumar Galicia, quen lle pediu á Xunta de Galicia «responsabilizarse e actuar activando os plans que sexan necesarios e colaborar cos concellos».

Comparte éste artículo
2 Comments