Hostelería Compostela prevé unha ocupación hoteleira do 86,23 % en setembro

por Redacción A Coruña

Confirman que a ocupación real no mes de agosto foi finalmente do 95,14% grazas ás reservas de última hora

A Asociación Hostelería Compostela prevé unha ocupación do 86,23% para o mes de setembro, tras a enquisa realizada entre os seus locais de hospedaxe asociados, concluíndo que en setembro a ocupación será case un punto máis que en 2022 polas mesmas datas.

Ademais, desde os establecementos asociados confirmaron que a ocupación real no mes de agosto foi finalmente do 95,14%, unha cifra superior ás previsións que se tiñan ao comezo do mes, grazas ás reservas de última hora.

Os enquisados resaltan ademais a contención do gasto por parte do turista internacional e nacional,  cunha rendibilidade menor para os negocios de hostalería, e o crecemento do visitante procedente de Estados Unidos, pero tamén de Europa, sobre todo de Portugal, Francia e Reino Unido, mentres que os nacionais procederon en agosto sobre todo da Comunidade Valenciana, Andalucía e as Illas Canarias.

Ademais, tanto desde os hoteis como desde os restaurantes inciden na problemática xerada durante todo o verán polo deficiente servizo de taxis que ocasionou numerosos conflitos, e con moitos problemas que a día de hoxe aínda non foron solucionadas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario