O BNG da Fonsagrada convoca á veciñanza a unha nova concentración en defensa da sanidade 

por Redacción Lugo

O Bloque Nacionalista Galego volve convocar unha nova concentración na Fonsagrada para este luns 8 de Xaneiro de 2024 para seguir a reivindicar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Rosa Rego explica «A día de hoxe na Fonsagrada quedan 3 facultativos, e Negueira de Muñiz esta sendo atendida de xeito provisional por un facultativo desprazado dende o PAC doutra comarca 1 día á semana». Para ter atención de fisioterapia e xinecoloxía a poboación ten que desprazarse a Becerreá «o que implica desprazamentos de máis de hora e media e non só o tempo senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público» denuncia Rego

Nesta comarca con unha grande dispersión xeográfica e con unha poboación envellentada que non ten atención médica con toda asiduade que precisan, ademais na comarca hai 6 residencias de maiores que tamén estan cubertas polos facultativos dos centros de saúde. «se os médicos teñen que saír a urxencias o centro de saúde queda desatendido» explica a concelleira.

«O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña»explicou Rosa Rego.

Foto portada. Páxinasgalegas

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario