PP: “O goberno local de Lugo ignora os dereitos dos profesores de música e abandona as instalacións”

A xestión da área de educación do concello de Lugo fai augas. É insultante a situación da Escola de Música

O goberno local nin respecta os dereitos dos profesores, incumprindo o acordo do pleno de subir aos músicos da banda á categoría retributiva que lles corresponde como docentes, nin fai mantemento das instalacións.

É vergoñento ver as aulas como a de linguaxe musical con cubetas e desconchados en teitos e paredes por falta de labores de conservación.

Noutras cidades de Galicia, as escolas de música contan con instalacións modernas e ben equipadas. Lugo, con todo, parece quedar ancorada no pasado.

Debe o goberno municipal de PSOE e BNG tomar conciencia da gravidade desta situación e adopte medidas urxentes para solucionar os problemas da Escola de Música. A cultura e a educación son piares fundamentais dunha sociedade e merecen todo o apoio do Partido Popular.

Comparte éste artículo
No hay comentarios