Hoxe volta ao prime time da TVG «Amor a un clic»

por Redacción Galicia

Hoxe luns, 8 de xaneiro, volta ao prime time de Televisión de Galicia Amor a un clic’, un novo formato talk show producido por Nortideas, SL e presentado pola cantante Paula Chaves para falar do amor na rede. . Triunfa esta modalide entre os galegos? Cóntamolo ou aínda escondemos os galegos esta maneira de coñecerse?

Segundo os últimos estudos, catro de cada dez parellas coñécense a través das redes sociais e as aplicacións móviles. O seu uso está levando á formación de novos tipos de parella. ‘Amor a un clic’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para dar a coñecer o triunfo do amor por internet.

‘Amor a un clic’ é un programa de entretemento que ten como obxectivo mostrar ós telespectadores o fenómeno de Internet como nova modalidade de coñecer xente e establecer relacións de parella. Paula Chaves é a encargada de presentar en cada programa tres historias de amor que naceron grazas a plataformas como Tinder, Facebook, TikTok ou Instagram.

Cuarta entrega: Antón e Noelia; Óscar e Mónica; e April e Andrés

No programa do luns coñeceremos a Antón e Noelia. Foron parella pero, aínda que a súa relación non funcionou, manteñen unha sólida amizade grazas ó mundo cibernético.

Óscar e Mónica, piloto e auxiliar de voo, forman unha parella que evolucionou case á par que as redes sociais. Once anos despois e cos pés na terra, poden afirmar que as relacións que comezan de xeito virtual poden facerse sólidas e duradeiras.

April Kristianti é unha muller asiática que un día coñeceu a Andrés na rede. Meses de distancia, viaxes e moitas horas conectados deron paso a tres vodas e a un restaurante indonesio en Vigo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario