O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a xuntanza extraordinaria da Comisión Executiva Provincial celebrada na tarde deste luns na sede do partido, na que se aprobou a proposta de candidatura socialista ás eleccións autonómicas do 18-F pola provincia de Lugo.
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, encabeza a lista por Lugo, “un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio da provincia de Lugo”.
“Un equipo preparado para axudar ao candidato a dar o salto á Xunta, activando o cambio urxente que necesita Galicia, e no que a provincia de Lugo vai ser determinante. Por fin, os lucenses deixarán de estar discriminados polo Partido Popular, porque os socialistas, con Besteiro como Presidente da Xunta, seremos capaces de poñer en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, que acaben coa inercia e a parálise na que o PP ten sometida a Galicia. Traballaremos polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, subliñou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia.
A candidatura aprobada pola Executiva Provincial é a seguinte:
1.- José Ramón Gómez Besteiro
2.- Lara Méndez López
3.- Mayra García Bermúdez
4.- Miguel Tomé López
5.- Teresa Fernández Pérez
6.- Jaime Losada Sobrado
7.- Elena Cordero Becerra
8.- Manuel Eduardo Fernández Varela
9.- Catalina Fernández Domínguez
10.- Roberto Castro González
11.- Marina Ramudo Graña
12.- Miguel Ángel Vilar Rivas
13.- Silvia Rodríguez Díaz
14.- Jorge Val Díaz
Suplentes:
1.- Miguel Ángel Crende López
2.- Olimpia López Rodríguez
3.- Pablo Núñez González
4.- Ana Hortas Alonso
5.- Miguel Caloto Conde