O PP insta ao goberno local a cambiar de talante en 2024 e adoptar un enfoque máis dialogante e menos autoritario 

por Redacción Lugo

O vicevoceiro popular Enrique Rozas pide un maior respeto institucional ao goberno local e denuncia que levan a cabo prácticas que limitan o labor de fiscalización.

  1. Retrasos deliberados no acceso a expedientes: están limitándonos a capacidade de fiscalización e control do traballo do goberno local. Exceden prazos para consulta de documentación e poñen trabas para entregar copias co que dificultan o  labor de garantir unha xestión transparente e responsable.
  • Uso abusivo turnos intervencións nos plenos.- A alcaldesa “ao remate de todas as iniciativas” limita o debate. Fai unha  interpretación retorticera do regulamento a súa conveniencia coa que monopoliza as sesións do pleno. Utiliza os seus monólogos para corrixir ata aos  seus propios edís.
  • Dobre criterio no de uso instalacións municipais.- Négase a facilitar o uso de espazos públicos como a sala do edificio de Novas Tecnoloxías para comparecencias de prensa ou xuntanzas mentres que eles si os empregan para as súas roldas de prensa e incluso actos de partido … cando o argumento que nos dan para impedir que organicemos comparecencias é porque “non son para uso político”
  • Non atenderon á solicitude do Partido Popular para que se  ampliase o seu espazo de traballo que é moi reducido tendo en conta os 12 edís que teñen así como o persoal de confianza que traballa nos locais asignados.
  • Negáronse á petición de dar ao Grupo Popular unha maior representación en órganos colexiados xa que entendemos que ao ter máis número de concelleiros a distribución debía ser proporcional e non manter os nomeamentos do anterior mandato.
  • Ocultar información de recepcións oficiais ou invitacións que entidade fan á corporación excluíndo aos representantes do Grupo Popular a que participen neles (recepcións a deportistas; persoeiros públicos; ou visitas institucionais)
  • Control estrito na entrada do Concello, malia que tiña sentido durante a pandemia, agora limita a asistencia ao grupo de oposición, xa que se rexistra cada visita con nomes e apelidos o que pode retraer á veciñanza a achegarse ata as dependencias do Partido Popular.

O vicevoceiro popular concluía que “lamentablemente estas situacións non son excepcionais insistindo en que PSOE e BNG obstaculizando o funcionamento democrático e transparente da administración local, con atrasos intencionados no acceso a expedientes; o intento de controlar a voz da oposición ou a exclusión reiterada en eventos institucionais”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario