Sumar Galicia, pellets na Costa e Yolanda Díaz

por Óscar de Souto

Os meus últimos artigos de opinión sobre as recollidas de pellets na beiramar, comentaba as competencias políticas e a legalidade de convocar “quedadas” para recoller lixo mariño, desatou un debate moi interesante. A persoa máis adecuada para resolver estas confusións, paréceme que poidera ser Yolanda Díaz, de Sumar, aínda que está amosando ter unha ambición política desmesurada. Como avogada e vicepresidenta segunda do goberno de Sánchez, por ende, saberá moito sobre estes temas, pois a lei europea deixa moi claro, que nestes asuntos marítimos, as competencias recaen no Goberno Central de cada País, e Yolanda Díaz sabendo isto, debera chamar o Ministerio de Costas e Asuntos Marítimos de España e preguntar porqué tardaron un mes enteiro en mover o primeiro dedo, (o sabe perfectamente) en vez de ir ás praias a facer a fotografía e «pirarse».

A súa traxectoria, e sigo falando de Yolanda, filla dun exsindicalista, líder ecoloxista, avogada e agora, na súa posición de poder dentro deste complexo goberno multicolor, debese deixar a súa recollida de sinaturas para esixir a Xunta de Galicia competencias, que recaen no Goberno Central, que ela mesma lidera xunto a Pedro Sánchez. Basta xa de liortas, de cortinas de fume, hai que «sumar» na dirección dos cidadanos, e contar a verdade. Mergullados na precampaña electoral, hai que botarlle xurro o contrario, a base de manipular e mentir, todo vale para os que queren seguir tendo un chollo político de pingues beneficios ao final de mes.

Dende UCIN Galicia volvemos novamente a pedir responsabilidade, seriedade e veracidade ante esta nova traxedia ecolóxica nas costas galegas. Deixen de mentir e actúen inmediatamente. Se alguén ten que presentar a súa dimisión, a que está agardando? E volvemos a advertir que as quedadas para recoller pellets na beiramar teñen que ter os correspondentes permisos administrativos, seguro de responsabilidade civil e adecuarse as recomendacións xa indicadas polas principais entidades ecoloxistas de Galicia. Yolanda, querida veciña galega, pola foto, baila o can.
E ….. un saúdo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario