Anxo Vigo, amor e sentimento galego

por Gonzalo Soto

Anxo Vigo naceu na Coruña, nun dos barrios máis emblemáticos da cidade, Monte Alto, recibindo do Polifemo vixiante de ilusións, Patrimonio de Humanidade, a torre de Hércules, esa forza que imprime en cada verso das letras, como sole dicir: “Das miñas cancións e composicións musicais”.

Nos anos setenta colle a maleta e viaxa a cosmopolita cidade de Londres para aprender o idioma, permanecendo na cidade de brétema, dez anos. Lonxe da Galicia sentiu a nostalxia e a morriña que todas as galegas e galegos levamos na pel dende o berce, e que sufrimos na alma cando estamos lonxe da nosa amada Terra. Entre penas e bágoas, comenzou a súa andaina como autor e compositor. «Os meus pensamentos dende novo foron sempre en galego, como tamén os meus sentimentos, dos que naceron a maior parte das creacións musicais. As miñas letras pretenden chegar ao corazón de todas as galegas e galegos, coa interpretación en cada un dos meus temas de historias da nosa xente e da Terra, son un conxunto de pequenas experiencias e lembranzas, ilusións e sentimentos transformados en canción, coa clara intención de chegar ó corazón de todas as galegas e galegos«.

       A ledicia de ser galego       

¿En que momento te encontras, na túa carreira musical?

Acabo de gravar hai uns meses, unha triloxía musical composta de tres Cds.

Tres Cds dedicados a Galicia supoño

Efectivamente  tres cds,   “A ledicia de ser Galego” “Sentimentos” e “Lembranzas“, compostos e pensados en galego dende o meu corazón.

Quero esquecer

¿Sobre que fala este teu novo traballo (triloxía)?

Como xa dixen antes, son temas dedicados a Galicia, a nosa xente, a nosa cultura e tamén pequenas vivencias que tiven o largo destes anos.

Galicia e Portugal

Algunha canción en especial para  alguén?

Cando fas un traballo tan importante deste tipo, sempre incluíres a algunha en especial, pero creo que todas as cancións desta triloxía, foron en xeral compostas pensando en Galicia.

Cantando en Galego, dedicada a Rosalía de Castro

Fálanos de algúns temas de este teu novo traballo.

Hai temas dedicados a nosa terra, a nosa,  xente, ou a nosa cultura etc, hai composicións entre outras, dedicados por exemplo, a Rosalia de Castro “Cantando en Galego”  

ou tamén  a Concepción Arenal  “Nosa Concepción”. Temas dedicados a Galicia, como”A tí Galicia” ou os paxriños “Paxariños de Galicia” temas dedicados as nosas praias “ Bicos de área e mar” ou mesmo unha adicada a Galicia e Portugal “Galicia e Portugal” ou mesmo “Galicia xa ten de todo”

Xa todo acabou

¿Con quen gravaches este último traballo?

Tiven a sorte de coñecer a Felix Cebreiro, director e responsable da compañia discográfica Quela Records, e que e o responsable en gran parte do éxito dos meus temas, el e unha persoa moi entendida e posta o dia neste mundillo tan difícil, e un profesional dos mellores que coñecín, polo cal estoulle moi agradecido, e dende aquí envioulle una forte aperta.

 Como van eses concertos?

Non tan ben como un quixera, moitas promesas e palabras que moitas veces quédanse no camino.

A que te refires?

A os problemas de sempre. Visitei persoalmente moitos concellos, presentando o meu traballo, e  efectivamente gustoulles, pero a hora da contratación quedou todo en nada, adoita suceder, a menos que teñas a alguén, que che dea un pequeno empuxón ou que este metido neste mundillo dos concertos, pero eu non tiven esa sorte nese aspecto.

¿Non te desanima ese feito?

A verdade e que non, son fillo de Galicia, e loitarei e expresareime sempre pola miña terra, a través das miñas composicións musicais, e a través da nosa fala, algún día,supoño que terei esa sorte da que carecín ata hoxe, para que me poidan escoitar en directo as galegas e os galegos.

Galicia ou Galiza

Son galego de Galicia ou de Galiza. Os que sufrimos a ausencia lonxe da Terra durante anos, nos da igual dicir Galiza ou Galicia, nai e señora, sempre nos nosos corazóns. Nunca unhas verbas deben servir para dividir as galegas e galegos. O meu sentimento é profundamente galego, enraizado na miña alma e corazón.

Outono

Tes moitos seguidores nas redes sociais

A verdade e que é unha autentica honra ter cerca de 30.000 seguidores nas redes sociais, na miña paxina persoal Anxo Vigo en Facebook teño 10.000 seguidores, na paxina Anxo Vigo – Cantautor tamén en Facebook teño outros 14.000 seguidores, e na paxina Club fans Anxo Vigo, teño tamén cerca de 4000 seguidores, por iso pregúntanme moitas veces, onde será o meu próximo concerto porque gustarialles verme en directo.

Cantos directos levas feito?

No auditorio sede da Fundación Abanca, no Xardín Botánico contratado polo cenceiro de cultura do concello de Culleredo, concello veciño do concello de Cambre, onde eu estou a vivir, afortunadamente este foi o único concello que se interesou por contratarme. No auditorio do Ágora, no auditorio do Forúm Metropolitano. No Corte Inglés, din un mini concertó, cadrando coa firma de disco, entre outros.

Tes unha canción dedicada o Alzheimer

Prefiro que a poñas para que a xente poida escoitala e se de conta do que é esta terrible perda de memoria. É moi emotiva.

Acabouse a vida. Canción dedicada ao Alzheimer

¿Cal e o teu próximo proxecto?

Xa estou empezando a compoñer, o meu seguinte disco, pero oxala que me leve mais tempo do previsto, iso significaría, que estaría a dar mais concertos

.

Paxariños de Galicia

¿Como se chamara o teu próximo traballo?

O meu próximo traballo, titularase dende o meu corazón.

¿Algunha innovación?

Si, estamos a ensaiar para preparar os próximos concertos en acústico, isto sería, tres violíns, un violonchelo, unha viola e un piano.

O vídeo que ides ver a continuación foi gravado o pasado domingo na igrexa da Venerable Orde Terceira. Anxo Vigo, acompañado de Lis, cantaron unha das cancións do seu último disco «Lembranzas«, unha interpretación maxistral do dúo, que foi do agrado do público asistente, como pódese apreciar o prolongado aplauso da audiencia ao remate da canción. Esta gravación foi realizada cun dispositivo móbil, aínda que a calidade do son non é a desexada, queda patente que, música e letra levan o selo dun poeta de Monte Alto, Anxo Vigo.

As túas cancións, Anxo, teñen alma e sentimento, poesía pura e música para escoitar

Poño todo o meu sentimento en cada poema, que logo musicalizo. Os poemas de cada canción forma parte da miña vida, son como membros da familia, que comparto coas persoas que escoitan as cancións. Música e poemas van aleados no sentimento da Terra e das súas xentes.

Deixamos a Anxo Vigo coa súa guitarra compoñendo algunha das cancións para o próximo CD. Dende dentro dos nosos corazóns, estaremos agardando, as túas letras e música, que coma sempre, seguro non defraudaran a ninguén.

Convido a que escoiten as cancións de Anxo Vigo, e agardo que, os concellos cando fagan as programacións das festas, teñan en conta, que en Galicia ou Galiza, hai cantautores que é unha ledicia escoitalos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario