Elena Candia: «A herdanza que deixa Lara Méndez é unha profunda decepción para Lugo e os lucenses, deixa unha cidade caótica e máis empobrecida»

por Redacción Lugo

 A voceira popular lamenta que ata o último minuto a alcaldesa siga instaurada na actitude de faltar a verdade de  forma continua «unha actitude que utiliza para intentar convertir mentiras en verdades cando a realidade é que a Xunta é a única administración que fixo os grandes investimentos en Lugo e foi a alcaldesa a que puxo trabas ou non deixou facer as obras».

·        Candia explicou que Lara Méndez torpedeou constante dos proxectos de rehabilitación no barrio da  Tinería. O último exemplo da obstaculización é que dende agosto o IGVS está pendente de que respondan a un requerimento para intervir en 2 inmobles da Rúa Catedral (18-22). O concello ten que revisar o proxecto e determinar o nivel de intervención arqueolóxica

·        A Rolda Leste foi sempre un ariete que se utilizou contra a Xunta de forma permanente ata cando tivo orzamento suficiente. Nese momento  foi a primeria en opoñerse a súa construción.

·        Os lucenses tamén seguimos esperando que o concello entregue a parcela que necesita a administración autonómica para a construción do Centro de Saúde do Sagrado Corazón. Dende novembro de 2021 a alcaldesa tiña unha carta da Xunta solicitando espazo para a súa construción.

·        Non foi quen de entregar unha parcela para construción de vivenda pública. Lembrar o acordo ao que se chegou para non facelas no barrio do Castiñeiro asumindo o compromiso de poñer á disposición da xunta outros terreos para este fin.

·         No Plan Paradai no ano 2015 a Xunta puxo en servizo a ponte paradai, cun investimento de 10 M€. Dende aquela, dende a administración autonómica, de maneira constante e reiterada,  manifestou a vontade de seguir desenvolvendoo este plan, buscando solucións  coordinadas co concello que respectasen o Plan Xeral. En 2020 a alcaldesa asina convenio CHMS, convenio que leva aplazando a súa execución. De feito, nunha das últimas xuntas de goberno que presidiu foi para adiar o investimento consignado para o 2023 e trasladalo ao ano 2024

·        Incumpriu un acordo que tiña co Pte da Xunta para achegar fondos para o Museo da Romanización. A Xunta prestaba a súa colaboración  para completar a porcentaxe que faltaba dando por feito que Lara Méndez conseguise dúas liñas de axuda de fondos europeos, unha denegouselle e a outra desistiu.

·        A confrontación pola execución da praia fluvial é outro capítulo do bloqueo permanente de Méndez «ainda hoxe está máis pendente de ir aos tribunais para impugnar un informe da Xunta de Galicia que ven de ratifica o Comité Científico da UNESCO.

LEGADO DECEPCIONANTE

·        Ben por falta de motivación, ou ben por falta de capacidade non foi quen de materializar  e impulsar proxectos importantes para Lugo

·        A situación económica é preocupante, dilapidaron os fondos de remanentes, deixando uns  concello nunha situación complicada, e por primeira vez se pedirá un crédito de 13.5 M€; tamén debido a súa mala xestión tivemos que pagar indemnización millonarias pola fábrica da luz e máis os custes do derrubamento do Garañón e a incertidume das indemnizacións ao promotor.

·        No eido medio ambiental o seu modelo sostible é un titular baleiro «fume e sen fundamento» como así se demostra con feitos obxectivos: fixeron uns proxectos estrela (edificio Impulso Verde, Caldas); non hai nin saneamento nin abastecemento no rural; o incumprimento da lei de benestar animal cunha protectora saturada en un estado lamentable ou a corta de árbores indiscriminada no casco histórico».

·       A alcaldesa de Lugo tamén traicionou a confianza da veciñanza xa que prometeu proxectos clave como poñer en marcha o auditorio de Magoi, un novo pabillón polideportivo pero ningún se materializou.

·       A xestión urbana empeorou, con retrasos nas licenzas ou incumprento do compromiso de rexenerar o barrio da Milagrosa; tampouco foi quen de actualizar o Plan do Recinto Histórico (PEPRI)

·       Construiu un carril bici que complicou a comodidade e a vida da veciñanza de moitos barrios sen  dar alternativas para aparcar

·       Os retrasos nas obras do casco histórico cunhas planificación caótica que empobrece ao comercio local

·       Cobro por sorpresa as taxas das terrazas cando prometera que non se lles pasaría o recibo

·       A negativa a colocar cámaras de seguridade en zonas sensibles do municipio ou a tramitación eterna para adherirnos ao VIOGEN

·       Deixa o concello con menos persoal: afectando a servizos básicos cunha administración máis lonxe dos cidadáns, menos áxil e pouco facilitadora.

———————————————————-

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario