O portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou, ante o anuncio da dimisión da alcaldesa de Lugo, que o BNG seguirá a traballar no proxecto de cambio que se iniciou hai 4 anos e medio.
Arroxo afirmou que «todo o mundo pode ver o cambio que está a experimentar Lugo nos últimos anos», e explicou que o BNG mantén intacto o compromiso para continuar coa labor de facer de Lugo un lugar mellor. «Poden cambiar as persoas, máis o proxecto de cidade segue en pé», afirmou Arroxo.
Arroxo afirmou que o BNG sae ás eleccións galegas do 18 de febreiro «coa mellor candidata, Ana Pontón, que será a próxima presidenta da Xunta».
O portavoz do BNG dixo que «a partir do 18 de febreiro, co BNG no goberno de Galiza, defenderase Lugo despois de 15 anos de total abandono por parte do PP».