Logo dunha vida dedicada ao municipalismo, e como representante dunha comarca tan relevante como é a de Sarria, enfoca a nova etapa como «unha oportunidade para seguir traballando por Paradela e pola provincia dende a máxima institución lexislativa da Comunidade Autónoma».
Cesará do seu posto no día de mañá e será relevado pola tenente de alcalde, Montserrat Mulet Sar, da que destaca que «reúne todas as condicións para seguir liderando o proxecto gañador que temos en Paradela»
● A dirección provincial destaca a traxectoria «impecable e digna de por en valor» do rexedor, pois acumula 12 maiorías absolutas de forma ininterrompida dende que acadou por primeira vez a alcaldía, en 1979