– A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, da a benvida ao Aninovo mañana sábado 13 de xaneiro cun concerto que conta coa colaboración do Concello de Vigo. A cita terá lugar ás 19 horas no Auditorio do Centro Cultural de Beade con entrada libre ata completar aforo.
En primeiro lugar, actuarán os máis pequenos, membros da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da OrquestraKv2211 no seu conxunto co Coro formado por pais, nais, amigos e familiares dos membros da Orquestra coa axuda da profesora Guadalupe Núñez da escuela de música Amadeus.
O concerto está enfocado a familias e mozos co obxectivo de difundir a música clásica entre o segmento máis novo da poboación. Nel interpretaranse obras de Mozart, Handel e Sibelius, entre outras pezas.
A OrquestraKv2211, de carácter formativo, ensaia os sábados pola mañá no Centro Cultural de Beade e conta coa colaboración do Concello de Vigo para o desenvolvemento das súas actividades. E nestas datas está aberto o proceso de admisión de novos músicos para a preparación do novo programa